CRTVG

Buscar

A maioría do Poder Xudicial rexeita a reforma do CXPX porque cre que aumenta a politización do órgano

Publicado o 14/10/2020 15:31

"Despropósito", "ataque á división de poderes" e "inconstitucional", así cualifican dende a carreira xudicial a proposición de lei presentada polos partidos do Goberno, que rebaixaría de 210 votos a 176 a maioría necesaria para elixir os doce vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial.

José María Macías, vogal do CXPX: "É negativa e desladora, rompe o consenso".

Bruxelas avaliará se a reforma cumpre cos requisitos en materia de Estado de Dereito. A Asociación Europea de Xuíces expresa nun comunicado a súa preocupación porque entende que "España está dando un paso atrás... para a independencia do poder xudicial".

E tres das catro asociacións españolas da maxistratura coinciden en que esta reforma aumenta a politización do órgano.

María Jesús del Barco, voceira da Asociación Profesional da Maxistratura: "Todos queremos que se renove o Consello, pero non con leis inconstitucionais".

Jorge Fernández Vaquero, voceiro da Asociación Francisco de Vitoria: "É unha iniciativa moi desafortunada, un despropósito".

Só a progresista Xuíces e Xuízas pola Democracia considera que a reforma é preferible ao bloqueo para a renovación.

Ascensión Martín, voceira de Xuíces e Xuízas para a Democracia: "Haberá que buscar unha alternativa se un partido se nega a sentar a dialogar".

O máximo órgano dos xuíces non dita sentenzas, pero si decide sobre vacantes no Tribunal Supremo, á cúspide do poder xudicial da que dependen decisións que afectan a cargos públicos. Como a sentenza definitiva do caso Gürtel, que acaba de publicar, ou a decisión de se imputa ou non o líder de Podemos polo caso Dina.

Noticias web

14/10/2020