CRTVG

Buscar

A maior fogueira pública, en Marín

Publicado o 23/06/2021 21:50


Nunha ría máis ao norte, en Marín, no barrio de Cantodarea, levan cinco anos queimando unha especie de falla.Hoxe unha reprodución do chamado faro de Tenlo, o da veciña Illa de Tambo.

Arredor de sete toneladas de madeira e cartón prensado e 13 metros de altura.

O faro é a figura central, pero tamén fan outra fogueira máis pequena relacionada coa actualidade.

Baite xa. O nome da lancha que vai arder non pode ser mais explícito.

Non hai sardiñas, pero aínda así a cacharela de Catodarea sempre xunta moita xente e, ademais de co lume, hai que ter coidado coa Covid.

En Marín trmitáronse arredor dun cento de permisos para realizar cacharelas esta noite, case todas privadas.


 

Noticias web

23/06/2021