CRTVG

Buscar

A luz volve subir hoxe máis dun 7%, ata os 213 euros, e marca o segundo prezo máis alto

Publicado o 15/10/2021 08:00

Comezamos o día cos prezos da luz disparados. As horas máis caras serán agora pola mañá, entre as oito e as dez, e chegarán aos 265 euros. Xa ten máis peso na factura esa evolución no mercado grosista que os tramos horarios que quedaron esvaecidos ao eliminar o Goberno practicamente todos os cargos da factura.

Para intentar baixar o prezo da luz o Congreso aprobou o decreto que inclúe un recorte dos beneficios para as eléctricas, pero o Goberno aceptou cambios, que se concretarán nos próximos días, para librar do recorte as compañías que garantan prezos estables, unha demanda do PNV, que finalmente se abstivo.

Apoiaron o decreto os grupos de esquerda. E Votaron en contra Ciudadanos, Vox e o PP. O Goberno marca como meta baixar o recibo un 30 % de aquí a final de ano, con medidas adicionais. O tema tamén volverá debaterse en Bruxelas o día 26 nunha reunión extraordinaria dos ministros de enerxía.

Noticias web

15/10/2021