CRTVG

Buscar

A luz rexistra este martes o seu prezo máis alto desde hai case 20 anos

Publicado o 20/07/2021 16:34

O prezo da luz bate hoxe un novo récord. Este martes dispárase ata os 101 euros o megavatio, o seu maior rexistro desde hai case 20 anos.

Concretamente as franxas horarias máis caras son as nove da mañá e as dez da noite, cando pagaremos ata 110 euros por megawatt. Trátase da maior suba do que levamos de ano, pero tamén da segunda máis alta da historia.

Os consumidores sufrimos este incremento que parece non ter fin e que este mes se traducirá nun encarecemento da factura de case o 35 por cento. O elevado prezo do gas e os dereitos de emisión de CO2 son algúns dos factores que están detrás desta tendencia alcista.

Será no outono, con menos horas de luz, cando os galegos notemos máis o impacto da suba da electricidade nas nosas facturas. Con todo, a tendencia á alza dos últimos meses xa ten o seu efecto nos recibos.

O prezo da luz supera este martes os 101 euros por megawatt con incrementos en determinadas franxas do día, como as dez da noite, onde acadará os 111 euros.

A maioría botan man das reducións horarias para intentar diminuír o gasto. As reclamacións e as consultas dispáranse nas asociacións de consumidores principalmente pola falta de información.

O custo do megawatt acada este martes o segundo máis alto da historia, tan só o supera o rexistrado no 2002.

 

Noticias web

20/07/2021