CRTVG

Buscar

O prezo da luz: a tarifa máis económica é o prezo máis alto que se pagou o ano pasado

Publicado o 02/06/2021 15:33

O prezo da luz nunca estivo tan caro. Só no que vai de ano, o recibo dos fogares españois encareceuse un 22 por cento. Se facemos contas, a franxa máis económica fixada na nova factura é o prezo máis alto se pagaba hai un ano. As medidas aprobadas polo Goberno prevén unha redución do 15 por cento, aínda que no mellor dos casos non entrarán en vigor ata o próximo ano. Pero insisten que coas novas tarifas si se pode aforrar se se consome nas franxas máis baratas.

Di a Ministra Teresa Ribera que ela "non lle recomedaría a miña nai pasar o ferro de madrugada. Ten treitos moi razoables para poñer a lavalouzas e a lavadora de oito a dez da mañá, de dúas a seis da tarde, de dez a doce da noite e durante as fins de semana".

Pero os autónomos insisten que eles traballan cando o cliente o demanda e o precisa. Así que todo o que se faga fóra dos horarios dos consumidores repercutirá no seu peto.

En caso de que sexa unha urxencia ou fora de horario os prezos non son os mesmos e o que aforraríamos en luz, gastaríamolo neses servizos de urxencia que non son tais porque realmente poderíanse facer calquera outro día, asegura o presidente de ATA Galicia, Rafael Granados.

Sectores como o gandeiro denuncian que estas novas tarifas mesmo reducen aínda máis as súas marxes de beneficio. Aos baixos prezos do leite agora súmase o encarecemento da luz. Din que as vacas non teñen horarios. Hai que muxilas cando toca e non cando a luz é máis barata.

Roberto López, de Agromuralla, lembra que "as granxas robotizadas que consomen as 24 horas, pois van estar nas horas de máximo consumo pagando uns prezos que van a facer que se incremente o prezo do recibo e cos prezos do leite que temos é outro golpe para o sector".

Dun día para outro, a luz encareceu un 41 po cento nos treitos de maior consumo, así que, ás portas do verán, a luz custa o mesmo que durante o temporal de neve Filomena.

Noticias web

02/06/2021