A luz marcará este martes o seu segundo máximo histórico: 203 euros o megawatt hora
Publicado o 04/10/2021 19:08
O prezo da luz non dá tregua. Este martes subirá 17 euros, e volverá superar a barreira dos 200 euros, ata situarse no segundo valor máis alto da historia.
De media o megawatt hora custará 203 euros, pero alcanzará os 256 entre as nove e as dez da noite. A ministra para a Transición Ecolóxica iniciou unha rolda de contactos con empresas e asociacións de consumidores para estudar con eles unha posible reforma da tarifa regulada que abarate os prezos.
Facua xa adiantou a súa proposta: quere que durante seis meses se impoña un desconto do 50% nos recibos das familias, excluíndo as de rendas máis altas.