A luz baixa este venres aos 119 euros, a catro do récord histórico de onte
• A OCU pide coñecer os nomes das eléctricas que agocharon subas nas facturas
O prezo da electricidade no mercado almacenista (pool) para este venres situouse en 118,99 euros megawatt hora (MWh), un 3 % menos (uns catro euros) que o máximo histórico que marcou o xoves, co que rompe con tres sesións consecutivas á alza.
Segundo os datos do operador do mercado ibérico OMIE consultados por Efe, en comparación interanual, o prezo do pool, referencia en España para calcular a tarifa regulada que se paga nuns 10 millóns de fogares, practicamente triplicará os 39,80 euros/ MWh que custaba no cuarto venres de 2020.
A pesar de non bater o récord rexistrado este xoves (122,76 euros/ MWh), o prezo de mañá converterase no segundo máis alto da historia, por encima dos 117,29 euros/ MWh do pasado venres 13. Por franxas horarias, este prezo, en que se cruza a oferta dos produtores coa demanda prevista por Rede Eléctrica, oscilará mañá entre os 125,33 euros/ MWh que custará entre as 1:00 e as 2:00 horas, e os 106,75 euros/MWh, entre as 18:00 e as 19:00 horas.
A OCU pide coñecer os nomes das compañías que encareceron a factura
Aproveitaron a entrada en vigor, o pasado 1 de xuño, da nova tarifa eléctrica por horas para subir o prezo da enerxía ata un 30 por cento. Fixérono algunha comercializadores, sen informar adecuadamente os clientes, segundo A comisió Nacional dos Mercados e da Competencia que lle reclama agora que devolvan o cobrado de máis
Fixérono sen informar adecadamente aos consumidors por iso Competencia reclámalle a estas empresas que lle devolvan os clientes cobrado de máis. Por iso as asociación de consumidores esixen coñecer o nome das empresas para facilitar as reclamacións.
Transparececia que reclaman tamén os usuarios incapaces din que entender a factura. As subas obrigran xa as familias as pagar 90 euros máis ao ano pola factura da luz.
Debate político
En plena escalada do prezo da luz, os partidos reclaman máis medidas para intentar baixar o recibo. En Unidas Podemos lamentan non ter máis peso no Goberno para impulsar unha xestión pública do mercado eléctrico.
O PP acusa o presidente do Goberno de estar ausente nesta crise sen dar explicacións nin tomar medidas.
E Pedro Sánchez pídelle á oposición baixar a crispación. Foi nunha intervención en Cáceres sen preguntas despois de visitar unha residencia de maiores, entre apupos e berros de presidente. Non fixo alusión ao prezo da luz pero pediu unidade política en asuntos como a reforma das pensións. Dixo que non haberá unha recuperación xusta se non se traslada tamén ás pensións e aos salarios.