CRTVG

Buscar

A lúa refulxiu grande e luminosa esta noite

Publicado o 27/04/2021 08:44

Esta noite foi de lúa chea, a primeira da primavera, coa particularidade de que a órbita do satélite se encontra no seu seu punto máis próximo á Terra, o denominado perixeo. Iso fixo que a percibísemos máis grande e tamén máis luminosa. Concretamente, un 14 por cento máis grande e un 30 por cento máis brillante que cando está no punto oposto, o apoxeo.

Ás 5 horas e 31 minutos foi o momento de maior esplendor desta lúa en perixeo ou superlúa, ou lúa do ovo ou rosada, como tamén se lle di. Se non puido observala, saiba que dentro dun mes, o 26 de maio, teremos outro plenilulunio, coa chamada lúa de leite. E vírá con eclipse total incluído, ainda que non será visible desde Galicia.

Noticias web

27/04/2021