A lotería de Nadal deixa algo máis de 20 millóns en Galicia
• Unha administración do Grove vendeu unha serie do Gordo, que tamén tocou en Vigo e no Porriño | Ata Ferrol chegou un segundo premio e a Ourense un terceiro
O balance do sorteo da Lotaría de Nadal deixa un sabor amargo en Galicia. En total repartíronse 20.300.000 euros en premios no noso país, pero puideron ser máis e non porque non tocasen.
No Grove, na admistración situada na rúa Luis Seoane, vendeuse unha serie do primeiro premio, do número 72.897, o que supón un premio de 4.000.000 de euros. Dese Gordo, tamén se vendeu un décimo no Porriño e outro en Vigo.
Pero o premio máis grande repartiuno a administración situada na rúa Urzaiz 120, de Vigo. Alí vendeuse un cuarto premio. O do número 38.341. Esta administración tiña consignadas 90 series dese número, pero finalmente só vendeu 54, polo que un premio que podía chegar aos 18 millóns de euros, quedou en 10.800.000.
A mesma historia repetiuse en Cambados, onde a administración da praza de Abastos vendeu outro cuarto premio. O que corresponde ao número 75.981. Nese despacho vendero 12 series, pero inicialmente tiñan asignadas 60. Así as cousas o premio quedou en 2.400.000 euros, cando podía chegar ata os 12 millóns.
En Ferrol, unha serie do segundo premio deixou 1.250.000 euros, no número 06.095. E en Ourense na rúa do Paseo, unha administración vendeu outra do terceiro premio, do 52.472, o que supón medio millón de euros.
Amais diso, foron moitas as administracións que venderon algún boleto dalgún dos quintos premios.