CRTVG

Buscar

A lonxa de Bueu vendeu tanto polbo en xaneiro como no segundo semestre de 2020

Publicado o 12/02/2021 21:05

Os rexistros do segundo semestre de 2020 son os máis baixos que se recordan. O sector valora as primeiras cifras deste ano pero considera que son insuficientes para tirar conclusións.

O sector e a administración sentarán en breve para fixar a vindeira veda e o plan de explotación da próxima campaña. As confrarías tamén demandan un estudo técnico das causas do ciclo de escaseza.

A baixada das capturas xa minguou un 30% a flota polbeira de Bueu, unha das referentes de Galicia.

Noticias web

12/02/2021