CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A literatura de María Victoria Moreno sae á rúa no Día das Letras Galegas

Publicado o 17/05/2018 14:28









Algúns deses contos e novelas reeditáronse este ano e volven ás librarías con forzas renovadas, conquistando novos lectores e reivindicando a achega de María Victoria Moreno non só no ámbito literario.

Na praza compostelá de Mazarelos celébrase durante todo o día a Romaría dos Libros de Primavera. Entre os promotores, encontramos un antigo alumno que lembra en María Victoria Moreno a profesora ideal.

Aquí danse cita hoxe libreiros, editores e tamén escritores que veñen a atoparse cos seus lectores.

As letras galegas á antiga usanza de Mazarelos conviven hoxe coas novas tecnoloxías que emprega a Cidade da Cultura na iniciativa 'Eu Conto'...

Unha retransmisión en directo, polas redes sociais, da lectura de textos de María Victoria Moreno.