'A lingua das bolboretas', de Sarabela Teatro, obra que acada máis finalistas aos XXV Premios de Teatro María Casares
Publicado o 30/06/2021 22:23

Trece son os espectáculos finalistas que competirán nos Vixésimo Quintos Premios de Teatro María Casares. Os nomes déronse a coñecer esta tarde no acto de presentación en Santiago e entre eles destaca A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, con oito finalistas, e Bailar agora de Marta Alonso Tejada ou Dreaming Juliet de Elefante Elegante, con cinco cada un deles. A gala do Teatro Galego será o vindeiro 9 de setembro na Coruña.