CRTVG

Buscar

A liña férrea O Porto-Vigo recupera as catro frecuencias diarias anteriores á pandemia

Publicado o 17/10/2021 12:56

Este domingo ás oito e cuarto saía da estación de Campañá no Porto o tren Celta cara a Vigo e haberá outro ás 7 da tarde. O mesmo sucede no sentido contrario.

A liña que conecta Galicia co Norte de Portugal recupera dende hoxe as catro frecuencias que tiña antes da pandemia; ademais, cómpre lembrar que dende hai unhas semanas os trens son máis cómodos e modernos.

As dúas empresas que se encargan da xestión deste servizo contan con descontos e promocións que se estenderán ata o Nadal para reactivar a utilización desta liña. Pódese ir de Santiago ao Porto por dez euros ou desde Vigo por cinco.

Noticias web

17/10/2021