CRTVG

Buscar

A Limia remata a recollida do trigo de primavera cunha produción de 40 millóns de quilos

Publicado o 09/09/2019 14:20

As máquinas segadoras recorren as últimas leiras que quedan por recoller o cereal da Limia. Están rematando co trigo que sementaron na primavera, o destinado á industria panificadora e que tivo peor rendemento este ano por mor da chuvia que caeu a comezos da temporada en plena floración.

Cunha produción duns 40 millóns de quilos, a comarca da Limia é a principal zona produtora de cereal de Galicia. E malia a redución no trigo de primavera, a colleita foi mellor que os últimos anos. En canto aos prezos, mantéñense estables dende hai anos e os principais almacéns pagan o quilo de trigo entre os 19 céntimos, o de inverno, ata os 21 céntimos o do país e 0,17 o centeo.

Os almacéns están xa cheos de gran e unha vez rematada a colleita os agricultores dedícanse a empacar a palla para gardala para o alimento dos animais ou para a súa venda.

Noticias web

09/09/2019