CRTVG

Buscar

A Liga estuda o xeito de xogar un partido ao que non se pode presentar o Fuenlabrada

Publicado o 26/07/2020 14:02

A Liga de Fútbol Profesional está a protagonizar unha especie de fuxida cara adíante. O organismo presidido por Javier Tebas solicitalle ao Deportivo que os seus futbolistas realicen o vindeiro martes os test PCR obrigatorios 48 horas antes da disputa dun partido. A asesoría xurídica do club está a estudiar a resposta.

A intención da Liga é a de darlle oficialidade ao encontro entre o equipo coruñés e o Fuenlabrada. Todo un despropósito, tendo en conta os 28 positivos rexistrados no club madrileño. Segundo a Consellería de Sanidade, os positivos e os seus contactos non poderían xogar ata o final do período de aíllamento. Iso sí, a Xunta de Galicia non ten a competencia para autorizar ou non a disputa do partido.

O obxectivo da Liga semella claro. Forzar unha incomparecencia que resolva os seus problemas para a disputa do play off de ascenso, no que quedaría incluído o Elxe.

Todo porque a outra alternativa, que o partido non se chegue a xogar nunca, podería levar a invalidar a competición. E iso suporía, non xa unha liga de 24, se non de 26, xa que tampouco poderían descender o Rácing e o Estremadura.

Nada é seguro, xa que a Federación podería tomar calquera outra determinación tendo en conta unha causa de forza maior. Así as cousas, o pulso pode ser longo. A resolución final da liga de segunda división complícase cada día máis.

Noticias web

26/07/2020