CRTVG

Buscar

A Liga desacredita o instrutor e considera que o proceso "está viciado"

Publicado o 16/08/2020 16:41

A Liga sacou un comunicado en que segue a defender a súa actuación no caso Fuenlabrada e carga duramente contra o xuíz instrutor e contra a Federación Española, en especial dirixe as dúas iras contra Miguel García Caba, vicesecretario xeral.

Considera que o procedemento está viciado desde o primeiro momento, "dálle visos de nulidade, é contrario a dereito e desacredita o señor García Caba como profesional". Mantén que seguiron o protocolo pactado co CSD rigorosamente e que a petición de descenso do fuenlabrada non está suxeita a dereito.