A Liga anuncia unha investigación sobre os presuntos insultos racistas a Diakhaby
Publicado o 05/04/2021 20:14
Segue moi viva a polémica por suposto trato racista de Juan Cala a Mouctar Diakhaby. Presuntamente, o xogador do Cádiz chamoulle "negro de merda" ao futbolista do Valencia. É a palabra dun contra a do outro, xa que as imaxes non son definitivas. O Valencia cre ao seu xogador e pide que se investigue o incidente. A Liga, a través de Javier Tebas, anunciou que investigará o sucedido. Pola súa banda, Juan Cala nega tallantemente os insultos racistas.