CRTVG

Buscar

Pontón pide un modelo eólico respectuoso, fronte a "unha febre" que non deixa beneficios en Galicia

Publicado o 04/05/2021 14:55

A líder do BNG pide frear o que define como "febre eólica", porque entende que estas instalacións espolian recursos naturais sen xerar riqueza en Galicia. Ana Pontón propón un modelo de parques eólicos máis respectuosos co territorio.

"Ten que haber unha alternativa: hai que apostar por enerxías limpas, pero non pode facerse á conta de depredar o territorio, de poñer en risco outras actividades importantes, nin cun modelo que deixa aquí unha parte moi pequena de beneficios", dixo a voceira do BNG.