CRTVG

Buscar

A lei do cánnabis para uso medicinal xa está en marcha en Portugal

Publicado o 07/02/2019 16:48

Está legalizado para uso medicinal pero atención, os doentes non poderán cultivalo e, moi importante, só se poderá prescribir cando outros remedios non tiveran efecto. No momento da súa aprobación no parlamento o pasado mes de xuño esta lei fora moi polémica pero desde esta semana xa se aplica. Un médico serán quen prescriba o uso de cánnabis ou de produtos a base desta planta, daráselle unha receita ao doente que recollerá nunha farmacia coma esta como se se tratara da calquera outro medicamento. Portugal permite o uso provado de cánnabis dende hai 16 anos pero non a súa distribución.
 

Noticias web

07/02/2019