A lei Celaá pasa o trámite do Senado
Publicado o 23/12/2020 15:16

A reforma educativa do Goberno, a Lomloe, tamén coñecida como lei Celaá, será aprobada este mércores no Senado. A votación na cámara alta terá lugar esta tarde. Previsiblemente rexeitaranse as case 700 emendas presentadas polos grupos parlamentarios, e aprobarase sen ningún cambio.
PP e Ciudadanos din que a lei nace morta. Será a oitava lei educativa da democracia.