A lavadora debulladora de millo revoluciona as redes
Publicado o 13/12/2019 13:57
Moito está dando que falar nas redes este vídeo da lavadora debulladora de millo.
O inventor desta lavadora é Jose, un mexilloeiro da Illa de Arousa. Para construíla inspirouse en vídeos de YouTube en que facían algo semellante con barrís. Pero el decidiu usar unha lavadora. Di que é "máis barato e máis rápido".
Traballou na idea e foina mellorando ata conseguir o resultado que se pode ver no vídeo: debullar o millo nun minuto.
Jose falou para o 'Galicia por Diante' da Radio Galega, onde explicou que se trata dun "prototipo". "Agora teño un sistema máis perfeccionado. Saen as mazarocas limpiñas", dixo.