CRTVG

Buscar

A Laracha sobe este domingo ao nivel máximo de alerta

Publicado o 15/11/2020 15:26

A Laracha, único concello da comarca de Bergantiños fóra do peche perimetral, sobe este domingo ao nivel máximo de alerta. Que entre en nivel vermello non supón ningunha modificación con respecto ás restricións vixentes, pero si amosa unha tendencia á alza no número dos contaxios, probablemente relacionada coa incidencia do virus nos concellos limítrofes.

Con todo, na Laracha non está restrinxida a mobilidade, pode abrir a hostalería e reunírense persoas non conviventes. Por exemplo, hoxe puideron celebrar a feira con normalidade. O caso contrario atopámolo en Laxe, que polo de agora se mantén en nivel de alerta laranxa. A incidencia do virus está sendo menor neste municipio ca nos limítrofes, pero aquí si está vixente o peche perimetral e as medidas máis restritivas.

Noticias web

15/11/2020