CRTVG

Buscar

A Junta de Andalucía pagará a defensa dos ex-altos cargos condenados polos eres

Publicado o 26/11/2019 14:52

A Junta de Andalucía pagará a defensa dos ex-altos cargos condenados na causa dos eres. A cantidade total aínda está pendente de peritaxe, pero podería situarse entre os tres e os cinco millóns de euros.

Varias sentenzas xudiciais danlles a razón aos investigados que pediron acceder aos servizos do gabinete xurídico da Junta. Como inicialmente o Goberno andaluz se presentou como acusación particular no proceso, houbo unha colisión de intereses, polo que os procesados tiveron que recorrer a avogados privados.

Agora, a Administración autonómica deberá asumir o pagamento dos que os soliciten, que no caso de Magdalena Álvarez suporá uns 90.000 euros.

Noticias web

26/11/2019