CRTVG

Buscar

A investidura de Sánchez, pendente da abstención de ERC

Publicado o 01/01/2020 15:26

O calendario para a investidura acelérase a partir de mañá. A presidenta do Congreso convoca formalmente o pleno e, pola tarde, reúnese o consello nacional de Esquerra Republicana. A abstención dos seus trece deputados é esencial para Pedro Sánchez. As súas bases analizarán o acordo asinado cos socialistas, un pacto que aínda non se fixo público pero xa transcendeu que inclúe unha mesa de negociación entre o goberno central e a Generalitat e unha consulta posterior aos cataláns, unha votación que os negociadores socialistas dan por boa.

José Luis Ábalos PSOE: "Necesitamos recompoñer a convivencia en Cataluña, necesitamos superar o conflito e para iso necesitamos que a poboación poida participar"

Pero este pacto con Esquerra ten que ser ratificado na executiva do PSOE do próximo venres, unha reunión na que tamén teñen que darlle o visto bo ao acordo de coalición con Podemos. Xa presentaron o programa ao público pero non a estrutura do futuro goberno, que xa teñen pechada. Só se filtrou que os de Iglesias levarán unha vicepresidencia e catro ministerios.

Noticias web

01/01/2020