CRTVG

Buscar

A intermodal de Santiago pasa a primeira proba de lume

Publicado o 24/05/2021 17:07

Primeiro día laborable tras a inauguración da nova estación intermodal de Santiago de Compostela. As novas instalacións pasaron a primeira proba de lume sen maiores incidencias e cun maior tránsito de persoas.

Iso si, non se produciron grandes retencións de tráfico na zona, un dos principais temores da Policía Local. Así e todo, recomenda evitar a avenida Clara Campoamor e usar rutas alternativas para acceder á cidade.

Pola súa banda, a antiga clientela da terminal de autobuses o que máis valora é a mellora da conectividade co centro compostelán e coa estación de ferrocarril.

Noticias web

24/05/2021