CRTVG

Buscar

A intención de voto do PSOE e o PP volven subir, segundo o CIS, pola caída de Podemos, Vox e Cs

Publicado o 28/01/2021 11:55
A intención de voto do PSOE e o PP volven subir, segundo o CIS, pola caída de Podemos, Vox e Cs

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) outorga subidas tanto ao PSOE, co 30,7 por cento en estimación de voto, como ao PP, cun 20,5 por cento, á conta de Vox e Ciudadanos, que perden máis dun punto e, en menor medida, de Podemos, que segue perdendo fol e cae unha décima.

Segundo o último barómetro do CIS, elaborado entre o 7 e o 25 de xaneiro, o PSOE sobe 1,2 puntos desde decembro, ata o 30,7, en tanto que o PP repunta 1,3 e alcanza o 20,5 por cento, o que fai ao partido de Pablo Casado recortar unha décima a súa distancia cos socialistas.

Pola contra, Vox cae un punto nun mes e queda no 13 por cento dos sufraxios, seguido de Unidas Podemos, co 10,7 e en quinto lugar Ciudadanos, que cae 1,2 puntos -practicamente o que sobe o PP- e queda co 9,3 por cento en estimación de voto.