CRTVG

Buscar

A instrución do caso das nenas de Tenerife sitúa en terra firme a última xeolocalización do móbil do presunto parricida

Publicado o 16/06/2021 21:20
A instrución do caso das nenas de Tenerife sitúa en terra firme a última xeolocalización do móbil do presunto parricida

A investigación do crime vicario de Tenerife pode de dar un xiro radical. Segundo o auto de instrución do caso, a última xeolocalización do teléfono móbil do presunto parricida, Tomás Gimeno, non foi no mar, senón en terra firme. 
Finalmente o buque Angeles Alvariño ampliará uns días máis a busca dos corpos.

A última comunicación cos repetidores produciuse ás dúas e media da mañá do 28 de abril nunha praza da localidade de La Laguna, horas despois que o aparello fose xeoposicionado a bordo da súa embarcación. Esta revelación fai verosímil a hipótese de que Tomas Gimeno fuxira ainda que sexa unha posibilidade remota. A xuiza de instrucción inhibiuse en favor dun xulgado específico de violencia machista que se fai cargo da investigación. En todo caso manténse a orde internacional de busca e captura para o pai de Anna e Olivia.

A investigación seguirá ata que se atopen os corpos de Gimeno e a súa filla máis pequena e podería estenderse por 20 anos ou máis por ser casos de persoas desaparecidas. As sete da tarde era a hora establecida para a finalización das tarefas de busca en alta mar por parte do buque Angeles Alvariño que co seu sonar atopou o corpo de Anna. Finalmente o buque ampliará uns días máis a busca dos corpos.

Por outra banda a Garda Civil decidiu abrir unha investigación interna para revisar a actuación policial dende que se iniciou o caso e determinar se houbo errores por exemplo por non ter detido o pai antes da desaparición.

Noticias web

16/06/2021