CRTVG

Buscar

A inflación provoca unha suba dos prezos do 2,2 % en abril

Publicado o 29/04/2021 09:29
A inflación provoca unha suba dos prezos do 2,2 % en abril

O Índice de Prezos de Consumo subiu un 1,2 % en abril en relación ao mes anterior e situou a súa taxa interanual no 2,2 %, nove décimas por encima da de marzo (1,3 %), segundo os datos avanzados publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística.

Con esta repunta, coa que o IPC anual encadea a súa cuarta taxa positiva consecutiva, a inflación escala a niveis descoñecidos desde hai máis de dous anos. De feito, non se chegaba a unha taxa de IPC tan elevada desde outubro de 2018, cando se situou no 2,3 %. Ao forte incremento dos prezos en abril contribuíu, principalmente, o encarecemento da electricidade e o mantemento dos prezos dos carburantes, en contraste coas baixadas de abril de 2020.