CRTVG

Buscar

A inflación bate unha marca que non se vía desde inicios de 2017

Publicado o 29/07/2021 16:17
A inflación bate unha marca que non se vía desde inicios de 2017

Segundo o dato adiantado do IPC de xullo, os prezos continúan á alza, e xa están en niveis que non viamos dende inicios de 2017. Desta volta, o culpable non foi o recibo da luz, senón o do gas, que subiu con respecto ao de xullo de 2020.

Ademais, tamén subiron os prezos dos aloxamentos, logo da forte baixada do ano pasado a estas alturas. Contribuíron tamén os prezos dos alimentos e das bebidas non alcohólicas, que baixaron máis en xullo de 2020 que neste último mes.

Noticias web

29/07/2021