CRTVG

Buscar

A industria galega busca opcións para abaratar custos ante a suba da luz

Publicado o 12/10/2021 14:01

A preocupación pola suba da electricidade é común a toda a industria, tamén en Galicia. Levan tempo denunciando que en España pagan pola electricidade máis do dobre que noutros países competidores, como Francia. Pero agora a situación é insostible pola suba continuada dos prezos.

Algunhas  están axustando quedas ou prescinden dunha parte da produción. De momento en Galicia non hai confirmados paros totais como o de Sidenor pero chegarán, din en sectores como o metal, se os prezos da luz non baixan.

Nalgunhas fábricas o gasto eléctrico supón case a metade do total dos custes e cos prezos actuais ven como se derruba a súa capacidade de competir fronte a outros países.

Noticias web

12/10/2021