CRTVG

Buscar

A India supera os 3.600 mortos diarios, a súa marca máis alta por coronavirus

Publicado o 03/05/2021 13:06
A India supera os 3.600 mortos diarios, a súa marca máis alta por coronavirus

Situación dramática na India, que volveu bater unha nova marca no número de mortos por coronavirus: máis de 3.600 en 24 horas. O país converteuse no epicentro mundial da pandemia e este sábado superou por primeira vez tamén os 400.000 contaxios diarios.

Os hospitais están desbordados e hai escaseza crónica de camas e de osíxeno. Máis de 40 países de todo o mundo ofreceron axuda, entre eles España, que nas últimas horas anunciou que enviaría 200 respidadores e cargadores de osíxeno.