CRTVG

Buscar

A India rexistra 350.000 casos de covid nas últimas 24 horas

Publicado o 27/04/2021 08:44
A India rexistra 350.000 casos de covid nas últimas 24 horas

A comunidade internacional sae ao rescate da India. Os Estados Unidos e Europa prometen axuda humana e material. Tamén aumenta os seus recursos a Organización Mundial da Saúde, que cualifica a situación de desgarradora. O número de casos diarios supera os 350.000, mentres que o número de mortos tamén alcanza unha cifra récord no último día, con case 3.000.

Ante a falta de recursos e espazos nos depósitos, estanse a realizar cremacións masivas nas rúas de Delhi. Segundo expertos científicos, o que ocorre na India podería deberse á baixa taxa de vacinación e á aparición dunha estraña variante denominada "dobre mutante".

Noticias web

27/04/2021