CRTVG

Buscar

A incidencia segue subindo e chega aos 368 casos, na franxa dos máis novos acada case 800

Publicado o 12/07/2021 20:51
A incidencia segue subindo e chega aos 368 casos, na franxa dos máis novos acada case 800

A incidencia segue subindo e chega nestes momentos aos 368 casos por cada cen mil habitantes. Segundo Sanidade, a previsión para os vindeiros días é que siga aumentando superando a barreira dos 400 casos. No grupo de idade entre 20 e 29 anos segue rozando os 800 casos, pola contra nos maiores de 50 anos continúa arredor de 100 casos. O Ministerio de Sanidade notificou 32 falecidos na última semana.


 

Noticias web

12/07/2021