CRTVG

Buscar

A incidencia segue baixando en España, e tamén as mortes e as hospitalizacións

Publicado o 19/05/2021 18:31
A incidencia segue baixando en España, e tamén as mortes e as hospitalizacións
AXENCIAS

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 6.080 novos casos de covid−19, 3.054 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son inferiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 6.418 positivos.   

Así, o único territorio en risco extremo de transmisión é o País Vasco, cunha incidencia de 266 casos por cada 100.000 habitantes.

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 3.625.928 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 144,56, fronte a 147,54 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistráronse un total de 68.594 positivos.   

No informe deste mércores engadíronse 66 falecementos, en comparación con 108 o mércores pasado. Ata 79.568 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio.   

Actualmente, hai 6.267 pacientes ingresados por coronavirus en toda España (6.568 onte) e 1.740 en UCI (1.774 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 610 ingresos (621 onte) e 856 altas (944 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 5,00 por cento (5,24 % onte) e nas UCI no 17,70 por cento (18,03 % onte).   

Entre o 9 e o 15 de maio, as comunidades autónomas realizaron 767.304 probas diagnósticas, das cales 507.102 foron PCR e 260.202 tests de antíxenos, cunha taxa global por 100.000 habitantes de 1.631,65. A taxa total de positividade sitúase no 5,14 por cento, fronte ao 5,23 por cento de onte