CRTVG

Buscar

A incidencia por covid−19 en España cae un 50 % tras cinco meses de vacinación

Publicado o 27/05/2021 18:38
A incidencia por covid−19 en España cae un 50 % tras cinco meses de vacinación

O Ministerio de Sanidade notificou 5.290 novos contaxios e 33 falecidos máis nas últimas 24 horas e outro lixeiro descenso da incidencia acumulada de 1,3 puntos, ata 125, a metade da que se rexistraba hai cinco meses, cando comezou a campaña de vacinación contra a covid−19 (246 casos).

A ocupación das UCI cae dúas décimas desde onte, e a media nacional sitúase no 15,1 %, con dúas comunidades autónomas con índices de alta presión (máis do 25 % de ocupación): Madrid á cabeza (32,7 %), seguida pola Rioxa (28,3 %).

Todas as comunidades autónomas están fóra de risco extremo de transmisión de covid−19 (máis de 250 casos), aínda que seis territorios están en risco alto (entre 150 e 250): Andalucía (163,9), Aragón (177), Madrid (191,8), Melilla (186)), País Vasco (201,6) e A Rioxa (155,3).

Segundo os datos comunicados a Sanidade polas comunidades autónomas, desde o inicio da pandemia a cifra total de mortes elévase a 79.888, das que 133 se produciron nos últimos sete días, e hai 3.663.176 contaxios. Sanidade detalla que para o cálculo da incidencia acumulada en Ceuta non se teñen en conta os 17 casos positivos importados tras a entrada masiva de persoas rexistrada esta semana. 

Noticias web

27/05/2021