CRTVG

Buscar

A incidencia en mozos de 12 a 29 anos sitúase no risco máximo

Publicado o 30/06/2021 18:25

• A incidencia segue aumentando en España (117)

• Cataluña sobe ao risco alto de transmisión

AXENCIAS

O escenario de risco extremo pola pandemia de covid−19 que presentaban os mozos de 20 a 29 anos esténdese este mércores aos de 12 a 19, segundo os datos de Sanidade, que engade 9.227 positivos e 46 mortes, cun aumento da incidencia a 14 días ata os 117 casos (dez máis ca onte).

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 3.808.960 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 55.597 positivos.

No informe deste mércores engadíronse 46 falecementos, en comparación cos 29 do mércores pasado. Ata 80.875 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 61 persoas con diagnóstico de COVID−19 positivo confirmado en España.   

Actualmente, hai 2.375 pacientes ingresados por COVID−19 en toda España (2.389 onte) e 601 en UCI (620 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 316 ingresos (284 onte) e 324 altas (406 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,95 por cento (1,96 % onte) e nas UCI no 6,52 por cento (6,73 % onte).   

Noticias web

30/06/2021