CRTVG

Buscar

A incidencia en España sobe ata 100, con Castela-A Mancha como única comunidade en risco baixo

Publicado o 28/06/2021 18:35

• O índice de transmisión comeza a medrar desde o pasado abril

• O Ministerio notificou 10 falecementos, a cifra máis baixa desde xullo do ano pasado

AXENCIAS

O Ministerio de Sanidade rexistrou este luns, con datos achegados polas comunidades autónomas, 10.179 novos casos de coronavirus, dos que 1.632 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 1.987 rexistrados o venres, o que eleva a 3.792.642 a cifra total de persoas contaxiadas de Covid-19 desde o inicio da pandemia.   

Respecto á incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue incrementándose, situándose nos 100,06 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 95,03 notificado o luns polo departamento dirixido por Carolina  Darias. 

O índice de transmisión da covid comezou a descender hai dous meses (27 de abril) de forma ininterrompida ata a pasada semana, cando, tras tres días de estancamento, empezou a crecer o xoves. 

En canto aos falecidos por Covid-19, notificáronse 10 hoxe, 32 na última semana, a cifra máis baixa desde xullo do ano pasado. Isto fai que a cifra global de mortes por coronavirus en España se eleve ás 80.789 persoas.   

Actualmente hai 2.495 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 644 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 244 ingresos e 128 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 2,04 por cento e nas UCI no 6,92 por cento.

Noticias web

28/06/2021