CRTVG

Buscar

A incidencia en España baixa a 223, tras notificárense 16.533 novos casos

Publicado o 03/05/2021 19:39
A incidencia en España baixa a 223, tras notificárense 16.533 novos casos

O Ministerio de Sanidade notificou este luns 16.353 novos casos de coronavirus contando cos datos da fin de semana. Nas últimas 24 horas rexistráronse 1.812 novos contaxios. Os datos son bos se os comparamos cos da semana pasada, cando se notificaron 19.582 positivos. A cifra total de contaxios en España elévase xa a 3.540.430 desde o inicio da pandemia.

A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 223,75, fronte a 229,20 o venres. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 106.173 positivos. Dos 1.812  contaxios de onte, 74 producíronse en Andalucía, 160 en Aragón, 41 en Asturias, dez en Baleares, 118 en Canarias, 111 en Cantabria, 12 en Castela-A Mancha, 148 en Castela e León, 59 en Cataluña, dous en Ceuta, 52 na Comunidade Valenciana, 39 en Estremadura, 47 en Galicia, 295 en Madrid, ningún en Melilla, 11 en Murcia, 105 en Navarra, 483 no País Vasco e 45 na Rioxa.   

No informe deste luns engadíronse 77 novos falecementos, en comparación con 147 o luns pasado. Ata 78.293 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España.  Na última semana faleceron 187 persoas con diagnóstico de COVID−19 positivo confirmado en España: 32 en Andalucía, 16 en Aragón, tres en Asturias, unha en Baleares, sete en Canarias, dúas en Cantabria, 13 en Castela-A Mancha, 12 en Castela e León, 12 en Cataluña, tres en Ceuta, catro na Comunidade Valenciana, catro en Estremadura, seis en Galicia, 48 en Madrid, ningunha en Melilla, dúas en Murcia, 13 en Navarra, seis no País Vasco e tres na Rioxa.

Actualmente, hai 9.747 pacientes ingresados por COVID−19 en toda España (9.668 o venres) e 2.323 en UCI (2.308 o venres). Nas últimas 24 horas, producíronse 817 ingresos (1.057 o venres) e 466 altas (1.107 o venres). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 7,78 por cento (7,69 % o venres) e nas UCI no 23,10 por cento (22,92 % o venres).   

Entre o 23 e o 29 de abril, as comunidades autónomas realizaron 871.078 probas diagnósticas, das cales 578.022 foron PCR e 293.056 tests de antíxenos, cunha taxa global por 100.000 habitantes de 1.852,32. A taxa total de positividade sitúase no 6,99 por cento, fronte ao 7,29 por cento do pasado venres