A incidencia duplicouse en Poio en tan só dous días
Os datos fan pensar en que Poio quedará baixo un confinamento estrito como o que viven os concellos de Arteixo, Viveiro e Xinxo. O alcalde di que a situación é moi mala e chama a poboación a que se autoconfine para frear o elevado ritmo de contaxios.
Á espera do que decida o comité científico, as rúas en Poio están practicamente desertas, sobre todo en núcleos como o de Campelo, no que a incidencia é moi alta.
Os datos poderían empeorar e superar os 300 casos activos cando se coñezan os resultados totais do cribado do Vao, que xa detectou 60 positivos. O Sergas tamén prepara cribados en Campelo e xa están a realizar probas PCR en 3 confrarías da zona. A incidencia acumulada en Poio supera os 1.000 casos por cada cen mil habitantes .
Policía Local, Nacional e Garda Civil colaboran na vixilancia do cumprimento das medidas en Poio.