Ningún falecido con Covid-19 nunha xornada de forte baixada de casos activos en Santiago e Vigo
• Só quedan hospitalizados 8 pacientes con positivos en COVID-19, ningún na UCI
• A incidencia do virus na comunidade redúcese ata 357 casos activos

Os hospitais galegos non comunicaron ao longo deste venres ningunha nova vítima mortal relacionada coa pandemia de coronavirus na comunidade. Polo tanto, a cifra de falecidos con Covid-19 en Galicia mantense nas 619 persoas, logo de que o mércores se rexistrara a última vítima mortal, un home de 83 anos ingresado no CHUVI.
Ademais, nas últimas 24 horas, o Sergas rexistrou unha forte baixada de casos activos de coronavirus en Galicia, 108 menos, co que o número total baixa ata os 357.
O descenso débese, en gran parte, á acusada redución da incidencia na área de Santiago e, en menor medida, tamén na de Vigo. Nas residencias permanecen 14 usuarios afectados e 11 traballadores.
A distribución dos casos é a seguinte:
• Vigo: 148 (-36).
• A Coruña: 105 (=).
• Santiago: 34 (-58).
• Ourense: 28 (-3).
• Lugo: 22 (-7).
• Ferrol: 12 (-1).
• Pontevedra: 8 (-3).
Só quedan hospitalizados 8 pacientes, ningún deles na UCI, e a cifra de curados increméntase en 114 persoas, ata as 10.470.
O número de PCR realizadas é de 156.036.