CRTVG

Buscar

A incidencia dispárase na Pobra do Brollón tras un novo gromo

Publicado o 05/04/2021 17:03

Dispáranse as cifras no concello lugués da Pobra do Brollón. Hai unha decena de positivos, pero como o municipio é pequeno fai saltar a taxa de incidencia. Tanto, que mesmo podería cambiar ao nivel de risco máis alto.

Nestes momentos a incidencia acumulada é de 612 casos por cada 100.000 habitantes porque hai unha semana detectouse un novo gromo familiar que pasou dos 7 casos iniciais aos 10. As dúas parroquias máis afectadas son Salcedo e Fornelas.

A poboación teme outro peche perimetral. "Aquí hai poucos negocios e ese é o problema. Temos tres tendas e cando necesitamos algo hai que ir a Monforte e o peche é bastante problemático", asegura un veciño.

Tamén hai preocupación no sector da hostalería. Se volven ás máximas restricións, terían que pechar de novo as súas portas. Polo momento, serven só nas terrazas e moitos apuran xa o que poderían ser os últimos cafés.

O futuro do concello está nas mans do que se decida no próximo comité clínico.

Noticias web

05/04/2021