CRTVG

Buscar

A incidencia dispárase en Ordes e supera os 200 casos activos de coronavirus

Publicado o 27/08/2021 14:29

Con seis positivos máis ca onte, o número de casos activos de coronavirus continúa a subir en Ordes. Ascenden a 203, o que fai que a incidencia acumulada a 14 días aumente ata superar os 1.600 casos por 100.000 habitantes.

Así as cousas, o municipio pasa este sábado ao nivel máximo de restricións. Os locais de hostalería non poderán servir no interior. Un duro golpe, que obriga a algúns a pechar.

"Acabo de montar unha terraza, pero é pequena. Só poido ter dúas mesas e ao 50 % non me compensa abrir porque só me queda unha", confesa unha hostaleira. 

Outros seguirán abertos pero con perdas importantes: "Estamos resignados e cabreados porque levamos ano e medio con estas restricións. Uns meses traballamos nunhas condicións e outros traballamos noutras". "Non sei se somos un castigo exemplar ou é un porque neste negocio a xente ten que quitar a máscara... O caso é que pagamos nós sempre".

En xeral, os veciños din que están saturados e preocupados. Cren que o aumento da incidencia está relacionado coas festas patronais que se celebraron na vila. Agora, agardan que a situación mellore axiña.

Noticias web

27/08/2021