CRTVG

Buscar

A incidencia de España baixa de cen casos por primeira vez en dez meses

Publicado o 16/06/2021 18:16
EFE

Por primeira vez en dez meses a incidencia acumulada baixa dos 100 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días e sitúase en 98,7, segundo o Ministerio de Sanidade, que notificou 3.832 novos contaxios nas últimas 24 horas e 36 mortes máis.

Foi o pasado 12 de agosto, en pleno ascenso da segunda onda de covid, cando pola última vez a transmisión do coronavirus se situou por baixo dos cen casos (96,8). A incidencia acumulada alcanzou o seu pico máximo a finais de xaneiro (case 900) na cima da terceira onda.

Segundo Sanidade, este mércores hai un lixeiro descenso de medio punto na ocupación das ucis por enfermos de covid ata o 9 %, mentres que a presión hospitalaria baixa unha décima e sitúase en 2,5 %.

Madrid sitúase á cabeza da ocupación das UCI, aínda que baixa do 20 % de presión nas unidades de coidados intensivos ao 19,5 %. Desde o inicio da pandemia reportáronse 80.165

Noticias web

16/06/2021