CRTVG

Buscar

A incidencia acumulada da covid en España baixa de 307 a 231 nunha semana

Publicado o 04/12/2020 18:15

• O Ministerio notificou 8.745 novos casos, 4.372 no último día, e 214 mortes máis

A incidencia acumulada da covid en España baixa de 307 a 231 nunha semana

As comunidades autónomas notificaron este venres ao Ministerio de Sanidade 8.745 novos casos de covid-19, 4.372 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Isto supón unha cifra inferior con respecto aos 10.853 do mesmo día da semana anterior.

A cifra global de contaxios en España elévase xa a 1.684.647 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais.

Así mesmo, a incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 231, fronte a 240 onte e 307 o venres pasado, cun total de 108.684 positivos nas pasadas dúas semanas.

No informe deste venres engadíronse 214 novos falecementos, en comparación cos 254 de onte e 294 do venres pasado.

Na última semana faleceron 952 persoas con diagnóstico de covid-19 positivo confirmado en España e ata 46.252 desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos do Ministerio.

Actualmente hai 12.552 pacientes ingresados por covid-19 en toda España (13.063 onte) e 2.371 en UCI (2.440 onte).