CRTVG

Buscar

Para a hostalaría en Carballo e mantense na Laracha, que sobe a nivel vermello

Publicado o 16/11/2020 16:23

Os hostaleiros de Carballo, ao igual que os dos outros 5 concellos da comarca de Bergantiños, manteñen o enreixado baixado por terceiro día consecutivo.

"Isto é unha tristeza", resume un transeúnte. Algúns dos locais continúan traballando, con servizo de recollida ou a domicilio, pero como apunta Juan Pazos, hostaleiro de Carballo.

Algúns traballan ofrecendo servicio a domicilio ou recollida. "A ver o que aguantamos así", di Juan Pazos, un dos hostaleiros de Carballo, que pasan por un mal momento.

Por iso,o comercio local implícase e bota unha man. "Nós ofrecemos descontos do 10% aos clientes que se acheguen aquí cun tícket dun local de hostalería".

María Brandariz, que tamén traballa na hostalaría na Laracha, explica que "estamos traballando normal, a ver agora que xa estamos en vermello".

Ademais de poder abrir a hostalería, tamén poden facer reunións de non conviventes e non hai restricións de mobilidade.