A ilusión será a protagonista da campaña da Lotería de Nadal 2020
Na nova realidade, como na vella, todo parece acelerado, o sol xira cada vez máis rápido e cando nos decatamos xa estamos outra vez en decembro. E todo se confunde un pouco... e na praia, en vez do escoitar o mar, escoitamos outros cantos de serea... os dos nenos de San Ildefonso.
Ese son repetitivo empeza a soarnos na cabeza en xullo, cando se presenta a campaña da Lotería de Nadal. Nada parece cambiar: 172 millóns de décimos, 2.400 millóns de euros en premios e o gordo igual de gordo. Pero a realidade manda na mensaxe e no ton da campaña.
Sorte a través dos décimos ilustrados coa parte central dun tríptico de El Bosco. Con carteis en catro linguas do estado, tamén o galego, e dous anuncios en que os protagonistas van ser os vendedores das administracións e a ilusión. E atención tamén á música, con mensaxe.
E todo isto no verán, un dos momentos de máis vendas. Un 10% da lotería véndese coas calores. De feito, hoxe xa atopabamos os primeiros compradores. Pois nada, sorte a todos... e non esqueza que a ilusión de Nadal comeza en xullo.