CRTVG

Buscar

A illas Cíes, un dos destinos preferidos para pasar o Día de Galicia

Publicado o 25/07/2019 19:19

Un dos destinos preferidos para pasar este día de Galicia foron as illas Cíes, a pesar das nubes. As navieiras organizaron rutas polos enclaves máis interesantes do arquipélago. Se queren visitar as Cíes este días, lembren que ademais de mercar os billetes hai que contar cunha autorización que se consegue a través da páxina web da Xunta. Hai só 1.800 pasaxes cada día, e xa están prácticamente esgotadas ata mediados de agosto. Só quedan ocos para os días 1, 2, 10 e 11 de agosto.
 

Noticias web

25/07/2019