A Illa de Arousa rexistra a incidencia de covid máis alta de Galicia
Os contaxios por coronavirus seguen en progresión ascendente na Illa de Arousa, que xa o concello galego cunha maior incidencia da covid.
Diante do empeoramento na evolución da pandemia, o concello arousán suspendeu definitivamente as festas patronais.
Os contaxios por coronavirus continúan medrando na Illa de Arousa, onde hai 92 casos activos, segundo os últimos datos facilitados polo Sergas.
A incidencia acumulada do virus neste concello pontevedrés multiplica por seis o tope de risco extremo establecido polas autoridades sanitarias.
O empeoramento da situación obrigou o Concello a suspender definitivamente as festas patronais que debían celebrarse o próximo 7 de xaneiro.
"Non sabemos a que é debido, pero está habendo demasiados casos. É unha porcentaxe altísima. Penso que a xente máis ou menos está respectando as normas, pero, bueno, descontrolado totalmente". "É moito o que está pasando, non. Agora, ao caer un, cae toda a familia". "A xente móvese, móvese cando non se ten que mover. Non facemos caso e, ao final, pois pagámolo todos".
Desde hai unha semana, entrar ou saír da Illa so está permitido por causa xustificada e a hora de peche da hostelería local é ás 5 da tarde. As reunións están limitadas a grupos de 4 persoas.