A Illa de Arousa, o concello con maior incidencia de Galicia
Continúa o avance do virus pola comarca do Salnés. A Illa de Arousa é nestes momentos o concello con maior incidencia de Galicia, e dáse por feito que o comité tomará medidas. Xa son 31 os casos activos na Illa de Arousa e a semana pasada só había dous
Sanidade acaba de anunciar un cribado para atopar asintomáticos entre a mocidade da illa. Será mañá pola tarde e o xoves e o concello roga asistencia. Carlos Iglesias Cores, acalde da Illa de Arousa: " Será no pavillón do colexio de primaria Torre da Illa, será unha PCR para xente entre 20 e 39 anos. Nós recomendamos encarecidamente que quen estea nesa situación que asista".
Cunha incidencia por riba dos 600 casos, a peor de toda Galicia, ninguén dubida que o comité imporá restriccións, e a hostalería terá que minguar aforos en plena tempada turística. No hospital comarcal do Salnés hai tres pacientes ingresados por covid. A situación é mellor ca en anteriores ocasións, pero toca non relaxarse ante unhas repuntas que están a nublar o verán en Arousa.