CRTVG

Buscar

A igrexa da Universidade de Santiago acolle 'Rizoma', a mostra do fotógrafo galego Manuel Vilariño

Publicado o 09/03/2020 12:57

Manuel Vilariño, gañador do Premio Nacional de Fotografía 2007, é un dos artistas contemporáneos galegos cunha traxectoria internacional máis sólida.

Ata o 2 de abril, a igrexa da Universidade de Santiago abre as portas a Rizoma. A mostra fotográfica permite contemplar obras correspondentes a diferentes períodos do artista, pero tamén as técnicas elixidas para a reprodución de cada unha das súas obras.

En total son unha vintena de imaxes en cor e en branco e negro que se complementan cun vídeo protagonizado polo propio Vilariño. A montaxe tamén inclúe publicacións co seu traballo poético.


 

Noticias web

09/03/2020